Daniel Díaz Trigo, premio Galicia de Fotografía Contemporánea

“Posesións para un esquecemento”, un proxecto de Daniel Díaz Trigo a cabalo entre o conceptual e o documental, faise co Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Co patrocinio da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, o festival Outono Fotográfico convocou este ano o I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. O premio ten por obxecto promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita, en xeral, a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento.

premio-galicia-550 Daniel Díaz Trigo, premio Galicia de Fotografía Contemporánea
Daniel Díaz Trigo, “Posesións para un esquecemento” , I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

 

Alén diso, pretende promover a creación dun espazo fotográfico en Galicia que complemente o creado durante máis de tres décadas polo Outono Fotográfico mediante o incentivo de propostas de carácter visual-fotográficas, sen límite en canto á técnica ou á estética, por parte de autores/as tanto nacionais como estranxeiros.

O I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea está dotado con 16.000 euros, o que fai que sexa o premio fotográfico mellor dotado da Península. Asemade, o premio vai máis alá de agasallar cun montante económico a un autor/a, senón que está prantexado para crear un produto cultural que valore o proxecto, que publicite ao autor e que revalorice a creación artística galega. Polo que se concedeu un único premio consistente na produción dunha exposición que itinerará durante cinco anos e na publicación dun libro.

A convocatoria foi secundada por autoras e autores de 10 países, con proxectos de grande calidade, polo que ao xurado foilles complicado chegar a quedarse cos de Antonio López Losada, Daniel Díaz Trigo e José Rodríguez Romay, que foron os tres finalistas.

O xurado estivo composto por Manuel Sendón, catedrático de fotografía na Facultade de BB.AA. de Pontevedra e co-director do CEF; Manuel Vilariño, Premio Nacional de fotografía do Estado Español; Ângela Mendes Ferreira, directora dos Encontros da Imagem; Xosé Lois Vázquez, director do Outono Fotográfico; Vítor Nieves, coordinador da Sección Oficial do Outono Fotográfico e do Premio, Encarna Lago, xerente da Rede Museística de Lugo e Mercedes Gallego, xefa Territorial de Cultura, Educación e Ordenación universitaria en Ourense.

Daniel Díaz Trigo, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, acadou a unanimidade en canto a ser o proxecto mellor presentado e que reunía os requisitos que buscaba o xurado para un premio deste nivel. “Posesións para un esquecemento” é un proxecto no que Díaz Trigo leva traballando sete anos. Nel mestura o peso documental implícito desde o nacemento da fotografía, coa plasticidade e conceptualidade que o medio acadou co paso ao eido das grandes artes. O proxecto pretende pór de manifesto unha harmónica conxunción entre memoria colectiva e íntima, un paseo pausado polas lembranzas e o esquecemento, mais tamén polo seu territorio, acoutado nuns poucos quilómetros. O autor presenta o resultado da teima pola compilación de lembranzas que materializa en forma fotográfica para que non sufran o abandono na memoria persoal, e no maxín colectivo e institucional.

http://blog.outonofotografico.com/vitornieves/blog/un-proxecto-a-cabalo-entre-o-conceptual-e-o-documental-faise-co-premio-galicia-de-fotografia-contemporanea/#.Upoz6o2XI7A

cartaz-redes-550 Daniel Díaz Trigo, premio Galicia de Fotografía Contemporánea
Daniel Díaz Trigo, “Posesións para un esquecemento” , I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

 

EXPOSICIÓN: I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

A Sala de Exposicións da Deputación de Lugo acolle a exposición “I Premio Galicia de Fotografia Contemporánea” convocado pola Fundación Benito Losada co patrocinio da consellería de Cultura e da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. As obras premiadas e/ou seleccioandas neste certame, que suman 30 pezas fotográficas (10 delas panorámicas), amósanse ao público nesta exposición que dá inicio a unha itinerancia nesta sala, e que continuará durante 5 anos por diferentes localidades.

I PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA

Daniel Díaz Trigo por «Posesiones para un esquecemento»

 

FINALISTAS

Antonio López Losada por “Pacios 2011, retratos”

José Rodríguez Romay por “Rururbania Salnés”

 

I PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA

Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)

(desde o 28 de novembro ao 31 de decembro de 2013)

Entrada gratuíta

 

Sala de Exposicións Pazo de San Marcos

Edificio da Deputación Provincial de Lugo

R/ San Marcos s/n

27001 Lugo

 

 

Manuel López
Fallece en diciembre de 2014, siendo editor adjunto de Periodistas en Español. Periodista, fotógrafo, profesor y consultor de medios. En la profesión desde 1966. Perteneció a las redacciones de 'Gaceta ilustrada', 'Cuadernos para el Diálogo", 'El Periódico" y 'Tiempo'. En 1982 funda FOTO, revista que edita y dirige hasta 2009 (287 números). Fue vocal por el sector de la Fotografía en la Comisión Redactora del Anteproyecto de Ley de Propiedad Intelectual de 1987. Profesor de Fotografía de la Universidad Nebrija (1997-2001). Desde 2000, vinculado a la Escuela Superior de Publicidad. Autor de 'Fotografía Creativa', guía didáctica de un curso en una plataforma 2.0 (282 págs., Maren, Madrid, 2010). Su exposición fotográfica antológica 'Manuel López 1966-2006' va camino de 40 itinerancias por España y América.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.