Cinco empresas galegas de xoiería en Iberjoya 2013

Apoia a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia a través de Galicia Calidade

Cinco empresas galegas acudirán á edición 2013 de Iberjoya da man da Consellería de Economía e Industria, que a través de Galicia Calidade apoia a presentación das súas últimas novidades en deseño e fabricación de xoias a compradores profesionais de todo o mundo. Nesta ocasión estarán presentes no certame feiral Unión Joyera de Bergondo e Ardentia, ambas de Bergondo; Fink Orfebres, de Santiago de Compostela e Óscar Rodríguez Joyeros e Piropo Joyas, de Viveiro.

Iberjoya é unha feira dirixida exclusivamente a profesionais, que se celebrará entre o 11 e o 15 de setembro no recinto feiral de IFEMA en Madrid. Na súa pasada edición convocou a máis de 14.500 visitantes de 82 países, a maioría europeos, aínda que tamén procedentes doutros continentes. O obxectivo deste certame, que cumpre xa a súa edición número 50, é ofrecer un entorno estratéxico, un encontro de oferta e demanda onde os participantes, tanto expositores como visitantes, podan descubrir ideas e encontrar novas oportunidades de negocio. Nel danse cita deseñadores, fabricantes e firmas nacionais e internacionais e comparten espazo a alta xoiería e as novas propostas de vangarda. Así, as cinco empresas galegas que participarán nesta edición poderán presentar os seus produtos e estratexias pero tamén coñecer a oferta xeral que presenta o sector, contactar con canles de distribución de todo o mundo e así impulsar a exportación ou reforzar a súa imaxe de marca.

GaliciaCalidade-xoieria_Ardentia_300 Cinco empresas galegas de xoiería en Iberjoya 2013
Ardentia. Galicia Calidade en Iberjoya 2013
GaliciaCalidade-xoieria_Fink-Orfebres_300 Cinco empresas galegas de xoiería en Iberjoya 2013
Fink Orfebres. Galicia Calidade en Iberjoya 2013

 

GaliciaCalidade-xoieria_Piropo_300 Cinco empresas galegas de xoiería en Iberjoya 2013
Piropo. Galicia Calidade en Iberjoya 2013

 

GaliciaCalidade-xoieria_Oscar-Rodriguez_300 Cinco empresas galegas de xoiería en Iberjoya 2013
Óscar Rodríguez. Galicia Calidade en Iberjoya 2013

 

GaliciaCalidade-xoieria_Unión-Joyera-Bergondo_300 Cinco empresas galegas de xoiería en Iberjoya 2013
Unión Joyera Bergondo. Galicia Calidade en Iberjoya 2013

 

Ardentia presentará en Iberjoya a súa colección Enova, en prata e acibeche con pendentes, aneis, colgante e alfinete. Fink Orfebres levará ao recinto feiral de Madrid a súa colección Sacapunto, un aderezo tradicional de pendentes e colgantes de acibeche, ouro verde e ouro. Piropo Joyas dará a coñecer a súa colección Natureza Visual en prata, con turquesa reconstruída, coral e ónix en colgante, pulseira, pendentes e anel. Pola súa banda Óscar Rodríguez Joyeros preséntase coas súas coleccións Tesouros do Mar, xoias de cunchas con ouro, metais preciosos e diamantes e Tesouros da Terra, xoias de minerais, con ouro, metais preciosos e diamantes. E Unión Joyera de Bergondo participará nesta edición de setembro 2013 coas súas coleccións Natureza, sortella flor de ouro branco e diamantes, e Vulcano, tres solitarios de rodio, ouro rosa e ouro branco.

Convenio coa Consellería de Economía e Industria

O Colexio Oficial de Xoiaría e a Consellería de Economía e Industria manteñen en vigor un convenio desde o ano 2012 a través do que as pezas elaboradas polos xoieiros galegos poden ser avaladas polo selo Galicia Calidade. Actualmente as empresas Ardentia, Fink Orfebres, Orfega, Piropo Joyas, Óscar Rodríguez Joyeros e a Unión Joyera de Bergondo están amparadas por esta marca de garantía, unha certificación que só se outorga a produtos e servizos que traballan con materias primas de alta calidade, desenvolven unha produción óptima e aportan excelencia no servizo.

Entre os requisitos que se deben reunir para obter esta certificación figuran a necesidade de que se deseñen y fabriquen en Galicia e que tamén estea nesta comunidade o seu centro de produción; o acabado da peza debe ser impecable (non pode haber imperfeccións na fundición e o pulido ten que ser perfecto en todas as súas caras, entre outros); as pezas deben ter etiquetas con información detallada da peza ou colección e contar cunha garantía mínima de 3 anos. Todo co obxectivo de ofrecer produtos de calidade fieis á tradición artesanal de Galicia.

O selo de Galicia Calidade outórgase a pezas e coleccións concretas, como as que presentarán en Iberjoya as marcas galegas que neste 2013 están avaladas por este certificado de garantía. Así, unha comisión encárgase periodicamente de avaliar os proxectos presentados polas distintas empresas para que poidan acceder tamén ao uso desta marca de prestixio e calidade.

Galicia Calidade, ademais de conceder o seu selo, apoia ao sector nas súas campañas de promoción, asistencia a feiras e todo tipo de eventos que permitan reforzar o prestixio da xoiería galega non só en España senón tamén a nivel internacional. Esta estratexia permite ás empresas buscar novos mercados, especialmente noutros países e reforzar así as súas estratexias de internacionalización.

O sector da xoiería

España é o cuarto produtor europeo de xoias. O seu traballo distínguese polo valor engadido que aporta ás súas pezas, o deseño, e pola calidade e acabados das mesmas. Uns sinais de identidade que se reforzan con iniciativas como o selo Galicia Calidade que permite aportar unha certificación oficial dos produtos que se ofrecen ao cliente.

En Galicia, a Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros reúne a case 450 empresas, comerciantes e tamén fabricantes, tanto industriais como artesanais, a súa facturación en 2012 acadou case os 100 millóns de euros e da traballo a máis de 1.500 persoas. O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, constituído no ano 2007, desenvolve a súa actividade en coordinación coa Federación e conta con máis de 600 colexiados que traballan en xoiería, ourivaría, pratería, reloxería e xemoloxía de Galicia. Entre os seus obxectivos principais figuran afianzar o recoñecemento do traballo da xoiería (estar colexiado é obrigatorio para o exercicio desta profesión) e garantir que o consumidor reciba un trato profesional.

Manuel López
Fallece en diciembre de 2014, siendo editor adjunto de Periodistas en Español. Periodista, fotógrafo, profesor y consultor de medios. En la profesión desde 1966. Perteneció a las redacciones de 'Gaceta ilustrada', 'Cuadernos para el Diálogo", 'El Periódico" y 'Tiempo'. En 1982 funda FOTO, revista que edita y dirige hasta 2009 (287 números). Fue vocal por el sector de la Fotografía en la Comisión Redactora del Anteproyecto de Ley de Propiedad Intelectual de 1987. Profesor de Fotografía de la Universidad Nebrija (1997-2001). Desde 2000, vinculado a la Escuela Superior de Publicidad. Autor de 'Fotografía Creativa', guía didáctica de un curso en una plataforma 2.0 (282 págs., Maren, Madrid, 2010). Su exposición fotográfica antológica 'Manuel López 1966-2006' va camino de 40 itinerancias por España y América.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.