O poder da palabra, mostra no Parlamento de Galicia

‘O poder da palabra’ é una mostra dos 40 anos do Parlamento de Galicia.1981-2021. Do último 15 de decembro ao vindeiro 15 de marzo pódese visitar no Parlamento, no Pazo do Hórreo.

parlamento-galicia-expo40 O poder da palabra, mostra no Parlamento de Galicia

A exposición está integrada por 24 paneis, un vídeo divulgativo e 17 vitrinas con documentación histórica e bibliografía relacionada co proceso de configuración da autonomía de Galicia.

O poder da palabra repasa os feitos máis salientables das catro décadas de vida do lexislativo galego, desde a súa constitución, o 19 de decembro de 1981 no Pazo de Xelmírez, ata a actualidade.

O Parlamento de Galicia tiña poucos precedentes. É a primeira vez que se institucionaliza o desexo de ter autogoberno. Hai décadas o 15 de novembro de 1944 se constituíu en Montevideo o Consello de Galicia como depositario da lexitimidade histórica deturpada pola ditadura e arelando un horizonte de democracia e autonomía para Galicia.

Esta mostra é comisariada polo o catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, Ramón Villares.

O comisario da mostra contou coa colaboración de Miguel Anxo Seixas Seoane e Gustavo Hervella García, integrantes do Grupo Histagra (Historia Agraria e Política do Mundo Rural, séculos XIX é XX); mentres que o deseño gráfico correu a cargo de Xosé Díaz Arias.

«Moita imaxe e pouco texto», declara Villares. «É unha ollada nova para os rapaces, que coñecen as polémicas polas redes sociais, pero hai que contarlles que hai outro mundo, que o parlamentarismo existe e que as democracias baseanse no debate».

A Galicia actual está en débeda co legado de Castelao, González López ou Madariaga, no exilio exterior; de Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, no exilio interior; de personalidades como Filgueira Valverde, que traballaron desde as institucións ao servizo de Galicia; en suma, da totalidade das galegos e galegas que sobrelevaron con dignidade a longa noite de pedra que rematou con éxito na alborada democrática que deu paso á Constitución e ao Estatuto de Autonomía que sosteñen o autogoberno de Galicia.

A exposición será complementada cun libro no que académicos das universidades galegas abordarán, desde unha óptica plural, as catro décadas de autonomía galega.

Seu horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas. Sen cita previa.

Jesús Cabaleiro Larrán
Periodista. Licenciado en Ciencias de la Información por la Universidad Autónoma de Barcelona, rama Periodismo con cursos de doctorado, estudios sobre Marruecos contemporáneo y el Sáhara Occidental. Más de 35 años de periodismo, la mayoría en prensa escrita, ha trabajado a ambas orillas del Estrecho de Gibraltar, casi 13 años en el extinto diario El Faro Información, en Algeciras, donde empezó de redactor y del que fue su último director y en Tánger dos años en un diario digital. Además ha participado en la mayoría de los Congresos de Periodistas del Estrecho desde el inicial en 1993 hasta 2019. Titulado en ajedrez por la UAH y UNED. Amante de Portugal. Ha publicado un libro, ‘Artículos periodísticos. Apuntes para la historia de la prensa de Algeciras’.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.