A Asociación Cultural Xaquedrum de Lugo é unha entidade que puxo en marcha o proxecto Mozos xadrecistas a través do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, para fomentar o xadrez entre a mocidade.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cristina Pichel, visitou é puxo en valor o traballo de Xaquedrum para dar unha alternativa saudable e educativa para o lecer ás mozas e mozos, á par que impulsan valores de responsabilidades e melloran as súas capacidades e competencias desde unha perspectiva transversal.
O obxectivo que se persegue con este proxecto Mozos xadrecistas é a de fomentar a práctica do xadrez entre a mocidade da cidade e provincia, e contribuír a alcanzar os beneficios que este trae consigo na formación integral dos participantes.