Ana Romaní ingresa na Real Academia Galega

Ana Romaní será a partir do sábado 6 de abril de 2019 académica de número da Real Academia Galega.

ana-romani Ana Romaní ingresa na Real Academia Galega
Ana Romaní

A escritora e xornalista Ana Romaní ocupará a cadeira vacante producida polo pasamento de Xohana Torres, un dos seus referentes literarios, cun discurso titulado Táctil resonancia. Da derrota dun esplendoroso veleiro, as voces flotantes e os cantos das baleas. Daralle resposta a académica Margarita Ledo.

Figura imprescindible do xornalismo cultural e da poesía galega actual, Ana Romaní (Noia, 1962), uniu ambos os mundos con iniciativas que proxectaron a voz literaria na linguaxe radiofónica coas formas máis contemporáneas desde o Diario Cultural da Radio Galega.

Desde este espazo promoveu o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que desde 2006 deu lugar a máis de corenta obras de teatro radiofónico e propiciou a renovación deste xénero; ou De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2013), unha antoloxía sonora con versos inéditos de trinta e seis poetas arredor de poemas de Rosalía de Castro. Dan man doutros creadores desenvolveu tamén outras iniciativas vinculadas á oralidade da poesía, unha teima constante da autora.

Como creadora literaria, a académica electa é unha das escritoras indispensables do discurso poético que emerxeu nas dúas últimas décadas do século XX, preocupada sempre pola recuperación, desde a perspectiva feminista, das voces invisibilizadas pola historia.

Os seus primeiros poemas viron luz en revistas e en 1987 saíu do prelo o seu primeiro libro, Palabra de mar, onde o mundo acuático se converte en espazo simbólico. O espazo mariño marcou tamén o seguinte poemario, Das últimas mareas (1994), onde reescribe o mito de Penélope en diálogo co célebre poema co mesmo nome do Tempo de ría (1992) de Xohana Torres, convertido en himno do feminismo cultural galego. O seu último libro ata o momento é Estremas (2010), gañador de varios premios. Os poemas de Ana Romaní poden lerse tamén en volumes colectivos.

Ana Romaní cultivou tamén outros xéneros, con títulos como a Antoloxía de Antón Avilés de Taramancos (2003) ou as biografías de María Mariño, Xela Arias ou Belén Feliú para o Álbum das Mulleres.

editor
Los editores de Periodistas en Español valoran las informaciones y artículos recibidos en la redacción con criterios profesionales y tienen la obligación de cumplir y hacer cumplir las normas deontológicas que deben suscribir todos los colaboradores.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.