Lydia Cacho nomeada como Escritora Galega Universal en 2023

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Lydia Cacho, xornalista mexicana con raíces galegas, activista feminista e defensora dos dereitos humanos, como Escritora Galega Universal en 2023, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra.

Lydia-Cacho Lydia Cacho nomeada como Escritora Galega Universal en 2023
Lydia Cacho

Durante a década de 1990 e principios dos 2000, a autora informou amplamente sobre o feminicidio en Ciudad Juárez. En 2000 cofundou o Centro de Atención Integral á Muller, un centro especializado na atención a mulleres, nenos e nenas vítimas de violencia doméstica e de violencia sexual.

En 2005 foi detida en Cancún, Quintana Roo, por axentes da policía xudicial de Puebla, por causas derivadas da publicación do seu libro Os demos do Edén, unha investigación que recolle os relatos testemuñais de sobreviventes dunha rede de prostitución infantil, dirixida por políticos e empresarios.

O Comité de Dereitos Humanos da Organización das Nacións Unidas recoñeceu este suceso como unha vulneración dos dereitos humanos, especialmente das mulleres, no sistema de xustiza, ao tempo que solicitou ao Estado mexicano a reparación do delito de difamación causado á xornalista.

Lydia Cacho forma parte da Rede Internacional de Xornalistas con Visión de Xénero.

Ten escrito máis dunha ducia libros derivados dos seus coñecementos e experiencias, desde a poesía até a ficción, un manual para previr o maltrato infantil, ensaios sobre temas de amor e xénero con gran repercusión internacional sobre tráfico sexual, escravitude e pornografía infantil.

A súa obra foi traducida xa a diferentes idiomas: francés, inglés, alemán, portugués, italiano, holandés, croata, sueco e turco, tendo sido publicados en México, Estados Unidos, Estado Español e países centroamericanos. Ten conseguido unha gran cantidade de premios e recoñecementos por todo o seu traballo.

Nas anteriores edicións recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato, Pere Gimferrer, Hélia Correia, Isabel-Clara Simó, María Teresa Horta, Mariasun Landa, José Luandino Vieira e Ana Luísa Amaral.

José Antonio Sierra Lumbreras
Licenciado en Filosofía y Letras, Magisterio y Estudios en la Escuela Oficial de Periodismo de Madrid. Residente 40 años en Francia, Reino Unido e Irlanda como profesor de español. En Irlanda fundó el Centró Español de Documentación y el Instituto Cultural Español, actual Instituto Cervantes de Dublín. Asímismo, fue corresponsal de: Agencia EFE, Diario Informaciones, Carta de España, Crónicas de la Emigración, España Exterior, La Región Internacional y Escuela Española. Jubilado.

1 COMENTARIO

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.