A política lingüística do PP fai retroceder o galego

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a política lingüística da Xunta de Galiza está a provocar un retroceso acelerado de uso do galego. Este proceso premeditado nótase especialmente na perda de transmisión xeracional e no descenso do uso do galego nas cidades e na xente nova.

A-Mesa-galego-350x250 A política lingüística do PP fai retroceder o galegoCon motivo do Día Internacional da Lingua Materna a Academia Galega difundiu un documento no que alertaba sobre a perda da transmisión xeracional do galego e a presión do español sobre o galego. Desde a Mesa avaliamos estes datos sobre o descenso do uso do galego como consecuencia da política lingüística do PP que  leva moitos anos actuando en contra do galego.

Neste sentido, desde a Mesa  afirman que estes datos non nos poden sorprender pois reflicten a realidade. A realidade é que cada vez hai menos xente que fala galego. A realidade é que a Xunta de Galiza demostra un total desleixo e desprezo pola lingua. A realidade é que é imposíbel vivirmos en galego con normalidade. Desde esta entidade veñen denunciando a exclusión da nosa lingua en diferentes informes como o da situación da lingua galega na educación infantil ou nos xogos e xoguetes.

A Mesa denuncia o desleixo de funcións da Secretaría Xeral de Política Lingüística que mira para outro lado nos casos de vulneración de dereitos lingüísticos, como o ocorrido esta semana na propia Xunta en Lugo. Tamén a entidade en defensa da lingua denuncia que a Xunta incumpre reiteradamente documentos aprobados como o Plan xeral de normalización da lingua galega, a Lei de normalización lingüística ou a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias.

A secretaria xeral da Mesa, Mónica Pazos, asegura que  “o presidente da Xunta fai un exercicio de cinismo ao afirmar que estamos nunha situación vantaxosa con respecto a outras linguas”. O presidente da Xunta o que fai é fomentar os prexuízos contra a nosa lingua e esconder os datos de uso do galego cos de coñecemento e capacidade lingüística. A lingua é uso e por iso só con outras políticas lingüísticas se normalizará a nosa lingua.

O primeiro, é derrogar o Decreto de plurilingüismo no ensino  que prohibe a impartición en galego de determinadas materias e que provocou as maiores mobilizacións en Europa na defensa dunha lingua propia.

O seguinte, garantir a igualdade entre galego e castelán en todo para garantir o dereito a vivirmos na nosa lingua. A posición do PP ficou clara a este respecto no rexeitamento á iniciativa lexislativa popular para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioecónimo que presentou a Mesa pola Normalización Lingüística no Parlamento en decembro do ano pasado.

Mais a pesar do esforzo desgaleguizador da Xunta desde a Mesa salientan que hai esperanza para o galego porque son moitas as galegas e galegos que con ilusión e vontade manteñen un compromiso no uso e transmitisión do idioma propio de Galiza.

editor
Los editores de Periodistas en Español valoran las informaciones y artículos recibidos en la redacción con criterios profesionales y tienen la obligación de cumplir y hacer cumplir las normas deontológicas que deben suscribir todos los colaboradores.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.