Grises (Esta crise deprimente, que afunde a moitos no mar da pobreza )

Por Manuel Darriba, Premio Fernández del Riego de Xornalismo 2013 da Fundación Novacaixagalicia e o Ámbito Cultural de El Corte Inglés

 

Manuel-Darriba-300foto-toño-de-lopez Grises (Esta crise deprimente, que afunde a moitos no mar da pobreza )
Manuel Darriba. Foto: Toño de López

Esta crise deprimente, que afunde a moitos no mar da pobreza e bota máis abaixo os xa afundidos —eses non-seres marxinais que, segundo os informes de Cáritas, son en España varios millóns— estánnola contando en titulares de prensa que piden manual de interpretación e diagramas de fluxo. Os xornalistas sempre imos ao macro, ao grande; pouco carriño de supermercado —agás cando os pilotan turbas incontroladas— e moito índice bolsista; pouca fila do INEM e moita reserva bancaria; pouco pan para tanto chourizo, que dicían os do 15-M, aquel movemento que un día fixo tremer as columnas dos palacios.

FernandezDelRiego-300 Grises (Esta crise deprimente, que afunde a moitos no mar da pobreza )
Fernández del Riego

Hoxe a sección de economía dun xornal de provincias non se entende sen un posgrao en administración de negocios. O bo disto é que así deprimímonos menos; a quen lle amarga o café que rebaixen 100 puntos a cualificación da débeda soberana? Cal é o fío sutil que conecta a última suba de intereses do Banco Central Europeo co prezo dunha tónica na praza Maior de Lugo? Existe Grecia? Existe Deus? Enigmas tan inalcanzables non poden doernos. Con todo, eu agradecía que os xornais instaurasen o hábito de dedicar un día da semana a asuntos grises e pedestres. E que durante esa xornada as crónicas falasen dos novos pisos-refuxio familiares, das sopas de sobre, do tedio de domingo no balcón cos petos baleiros, da soidade do home sen atributos no cuadrilátero de area dun parque urbano.

4 de septiembre de 2012

De Luns a Venres

MANUEL DARRIBA naceu en Sarria (Lugo) en 1973. É licenciado en Xornalismo pola Universidad Complutense de Madrid e en Filosofía pola UNED. Traballa como escritor, guionista e xornalista autónomo. A súa obra literaria, integramente desenvolvida en galego, abrangue poesía e narrativa. É autor de novelas como Velada do billarista (Premio Lueiro Rey 2000) e Accidental, publicadas en castelán por Bruguera. A súa última novela, O bosque é grande e profundo, editouse no 2013 en galego (Xerais) e castelán (Caballo de Troya).

En poesía, publicou títulos como Vostede non sabe con quen está a falar (Premio Espiral Maior 2005) e Os indios deixaron os verdes prados (Premio González Garcés 2010). É autor tamén do libro infantil Brais e os demais (finalista nos Premios Frei Martín Sarmiento 2011) e da crónica política AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda, en colaboración con Daniel Salgado.

Traballou case unha década como xornalista en El Progreso de Lugo. Colaborou como reporteiro en El País (edición Galicia); o dominical de El Periódico de Catalunya e ABC; os suplementos Crónica e Magazine, de El Mundo; o xornal económico Expansión, o semanario La Clave, o magazine galego GPS e a Axencia Galega de Noticias, entre outros. Na actualidade escribe unha columna fixa de opinión no semanario De Luns a Venres.

Polo seu labor xornalístico, recibiu premios como o Julio Camba na modalidade de reportaxe, o ONCE Galicia de prensa escrita e una mención especial no Manuel Alcántara para periodistas menores de 35 anos.

Escribe guións de ficción e dirixe documentais e programas de televisión. O seu último documental, Pacios. As fotos da memoria, exhibiuse en festivais internacionais de Noruega, Grecia, Suíza e México e foi adquirido este ano pola canle Olympusat de California.

 

Manuel López
Fallece en diciembre de 2014, siendo editor adjunto de Periodistas en Español. Periodista, fotógrafo, profesor y consultor de medios. En la profesión desde 1966. Perteneció a las redacciones de 'Gaceta ilustrada', 'Cuadernos para el Diálogo", 'El Periódico" y 'Tiempo'. En 1982 funda FOTO, revista que edita y dirige hasta 2009 (287 números). Fue vocal por el sector de la Fotografía en la Comisión Redactora del Anteproyecto de Ley de Propiedad Intelectual de 1987. Profesor de Fotografía de la Universidad Nebrija (1997-2001). Desde 2000, vinculado a la Escuela Superior de Publicidad. Autor de 'Fotografía Creativa', guía didáctica de un curso en una plataforma 2.0 (282 págs., Maren, Madrid, 2010). Su exposición fotográfica antológica 'Manuel López 1966-2006' va camino de 40 itinerancias por España y América.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.